Val do Dubra celebra o seu festival ‘Ruada’, unha homenaxe aos artistas locais

O festival busca adaptar ao contexto actual e manter viva esta tradición tan propia da nosa terra.

José Nieto Rey, o Churrero de Arabexo, no campo da festa de Bembibre.

José Nieto Rey, o Churrero de Arabexo, no campo da festa de Bembibre. / EUTROPIO RODRIGUEZ

Redacción

O Concello de Val do Dubra acollerá este vindeiro venres 12 de xullo, na área recreativa de Bembibre, a primeira edición do festival Ruada, un evento promovido pola Concellería de Cultura e que ten como obxectivo principal poñer en valor a música tradicional galega e ás figuras e entidades que a manteñen viva nesta localidade.

O festival comezará ás 20.00 horas cun acto de recoñecemento á Banda de Música de San Román e da Lesta, ás Pandereteiras de Dubra e a José Nieto Rey, coñecido como O Churrero de San Arabexo. Serános homenaxeados nesta primeira edición pola súa contribución ao patrimonio cultural de Val do Dubra. De seguido, realizaranse diferentes actuacións musicais ao longo da noite.

Por outra banda, o nome do evento non é casualidade, pois as ruadas son encontros populares de música e baile tradicionais da cultura galega e que supuxeron unha das principais formas de transmitir contos e danzas de xeración en xeración.

Deste xeito, o festival Ruada busca adaptar ao contexto actual e manter viva esta tradición tan propia da nosa terra.

A iniciativa do Concello dubrés ten a intención de continuar nos próximos anos para, sobre todo, promover a música tradicional entre os máis novos.