Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vandalizan dúas veces no Milladoiro un sinal municipal coa bandeira LGTBIQ+

Os actos producíronse xusto unhas semanas despois de celebrar o mes do orgullo LGTBIQ+

Unha das pintadas atopadas esta semana en Milladoiro

Unha das pintadas atopadas esta semana en Milladoiro / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Ao longo desta semana, o alcalde de Ames, Blas García, denunciou na súa conta da rede social X a aparición de varias pintadas en dúas ocasións nun dos sinais de inicio do termo municipal, concretamente nun dos do núcleo pobacional do Milladoiro.

Estes sinais, caracterizados polo seu lema Ames a quen ames, faino con orgullo, xunto coa bandeira LGTBIQ+. convertéronse en todo un símbolo do Concello dende a súa instalación o ano pasado.

O alcalde apuntou a que aínda non se identificou ao culpable debido a que é unha zona sen videovixilancia. Con todo, indicou que é probable que o autor sexa o mesmo, posto que a pintura é igual. Asimesmo, subliñou o traballo do persoal de limpeza do Concello “pois chamamos pola mañá e á tarde xa estaba limpo”.

Non é a primeira vez que o Concello afronta actos deste tipo, pois xa aconteceu co mesmo sinal o ano pasado e, hai 3, cos bancos do Paseo da Igualdade tamén no Milladoiro. García dixo que “estes actos son por parte dunha minoría de persoas que atentan contra a liberdade dos demais”.

Tracking Pixel Contents