Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ENCONTRO EN ASTURIAS

A Laracha opta a fondos europeos vinculados a políticas de transición xusta

O Concello forma parte dende 2002 da rede nacional de concellos mineiros

O alcalde da Laracha e a rexedora de Ibias na asemblea celebrada en Mieres

O alcalde da Laracha e a rexedora de Ibias na asemblea celebrada en Mieres / C. Laracha

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

O alcalde da Laracha, José Manuel López, participou este venres na asemblea xeral da Red de Municipios en Transición Justa-ACOM celebrada en Mieres (Asturias). O Concello larachés está adherido a ela desde o ano 2022, xunto con outros municipios mineiros ou en transición enerxética que buscan defender as necesidades locais comúns para aproveitar as oportunidades dos fondos europeos vinculados a políticas de transición xusta.

Na asemblea celebrada na localidade asturiana foron aprobadas as propostas do plan de actuación e o orzamento para 2024, así como o avance do plan de traballo para 2025. Asemade, foron elixidos os vogais do Consello de Goberno da Rede, presentadas as memorias de actividades e de execución orzamentaria do ano 2023, e tamén a de xestión de EURACOM.

A xornada concluíu co nomeamento de socios de honra da Rede, coa presenza de Adrián Barbón, presidente do Principado de Asturias. A clausura correu a cargo de Gemma Álvarez, alcaldesa do municipio asturiano de Ibias e presidenta da Red MTJ-ACOM.

Tracking Pixel Contents