Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Manuel González compatibilizará o cargo de alcalde de Outes coa praza de profesor da USC

Terá dedicación parcial tras renunciar á exclusiva, que pasará a ter a edil de Obras e Servizos, Alba Quintela

Manuel González e Alba Quintela

Manuel González e Alba Quintela / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Outes

O pleno da Corporación municipal de Outes aprobou a proposta pola cal, a partir do vindeiro mes de setembro, o alcalde, Manuel González (Compromiso Outes) compatibilizará o cargo coa súa praza de profesor de Economía na Universidade de Santiago de Compostela.

Dese xeito, o rexedor renunciará á dedicación exclusiva que ten no Concello e pasará a ter unha dedicación parcial.

O mandatario outense indicou que o seu compromiso é “seguir realizando un seguimento diario dos asuntos municipais e manter tamén unha presenza diaria na casa consistorial, agás momentos puntuais”.

Na proposta aprobada tamén se inclúe un cambio na dedicación da concelleira de Obras e Servizos, Alba Quintela, que pasará de ter unha dedicación parcial a ter unha dedicación exclusiva, ostentando novas responsabilidades no goberno, “para as cales ten acreditada unha sobrada experiencia e preparación”, segundo o alcalde.

Finalmente, os cambios aprobados tamén van significar un aforro importante para as arcas municipais, próximo aos 40.000 € anuais, segundo o mandatario.

González é doutor en Economía Aplicada e foi profesor ata que accedeu á Alcaldía en 2019.

Tracking Pixel Contents