Ames celebra o Día de Galicia coa entrega da súa medalla ao crack do squash Borja Golán
O deportista, arroupado pola Corporación e exalcaldes, destacou a ilusión do recoñecemento na súa terra

Blas García, esquerda, entrega a Medalla de Ames a Borja Golán na Peregrina / Concello
O Concello de Ames celebrou o acto do Día de Galicia este martes entregándolle a súa medalla a un dos meirandes deportistas da Maía: o veciño Borja Golán. Foi no Pazo da Peregrina de Bertamiráns nun evento no que contou cos representantes políticos locais, exalcaldes e, por suposto, o alcalde, Blas García.
Precisamente, García referíase a que a emotiva xuntanza “significa algo máis que un acto simbólico ou festivo, ou simplemente un premio a unha traxectoria. Esta medalla do Concello de Ames significa recoñecer valores tan importantes como a solidariedade, o emprendemento, o sacrificio, o traballo en equipo, a humildade, o respecto, a tolerancia, a honestidade ou a responsabilidade”.
Golán, despois das actuacións de Marta Tejada e o grupo Mounqup, afirmou que “recibir esta medalla do meu Concello, onde levo tantos anos vivindo, e máis no acto de conmemoración do Día de Galicia, é algo moi especial. Faime moita ilusión”.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión

