SECTOR PRIMARIO
A Laracha posiciónase como un referente na produción hortícola
O campo da feira de Paiosaco acollerá o 3 e 4 de agosto un encontro de profesionais

José M. López, segundo dereita, e Rocío López, cos membros da cooperativa Cidadanía / C. L.
A Laracha é un municipio de referencia en Galicia e España na produción hortícola, con profesionais e explotacións agrarias de alto nivel. O 3 e 4 de agosto o campo da feira de Paiosaco acollerá a sétima edición de Horta da Laracha, un encontro que se marca como propósitos prioritarios poñer en valor o labor dos profesionais do sector e os propios produtos.
O Concello porá as tradicionais casetas da feira a disposición das principais asociacións, explotacións agrarias e empresas que aportan valor aos produtos da horta local para realizar exposicións e venda durante ambas xornadas, o sábado desde as 10.30 e o domingo a partir das 9.30 horas. Haberá tamén espectáculos teatrais, actuacións musicais, obradoiros, mostras, showcooking e degustacións gastronómicas.
O alcalde, José Manuel López, manifestou a súa “ilusión” por levar a cabo o programa, xa que este ano “vaise enriquecer o que se viña facendo en edicións anteriores” para que a cita “sexa unha referencia galega”.
- Cierra una de las cafeterías más queridas de Bertamiráns: 'Nunca pensamos que chegaría este día
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad
- Las denuncias de los vecinos del Ensanche acaban con El Búnker: el Concello de Santiago decreta su cierre
- Dónde ver este martes el España-Francia del Mundial en Santiago: todas las pantallas gigantes
- Tres playas gallegas a menos de 2 horas de Santiago, entre las más bonitas de España este verano
- Susto por un incendio en el límite de Brión, Ames y Teo que se acercó a una aldea: 'Estuvo a unos 300 metros de las casas
- Atención si circulas por Santiago: esta céntrica calle permanecerá cortada hasta finales de agosto
- Netflix busca en Santiago figurantes para la tercera temporada de la serie ‘Animal’: estos son los requisitos que debes cumplir

