Goiáns, Rianxiño, San Roque e Cabío serán os escenarios do festival Paisaxes Sonoras

Pola esquerda, os edís María Outeiral, Francisco Suárez-Puerta e Patricia Lojo; o alcalde Luis Pérez; os edís Julián Alcalde e Antía Alberte; e a xerente da Mancomunidade, Fátima Cachafeiro / Cedida
O parque periurbano de San Roque (Ribeira) acolleu a presentación do festival Paisaxes Sonoras, que organiza a Mancomunidade Barbanza-Arousa para poñer en valor a paisaxe e os recursos patrimoniais da comarca con espectáculos que fusionan música e gastronomía en catro espazos culturais e naturais de gran potencial turístico: o Pazo de Goiáns (Boiro), o Pazo de Rianxiño (Rianxo), o periurbano de San Roque (Ribeira) e o miradoiro de Cabío (A Pobra).
O festival comezará en Boiro o día 23 de agosto ás 20.00 horas con Abraham Cupeiro. Seguirá o 24 en Ribeira, ás 12.00 horas, con Uxía e Ruibal, e na Pobra, ás 20.00, con The Rapants e, rematará en Rianxo o 25 ás 12.00 horas con Xurxo Fernandes e Pan sen Fron.
Esta edición, ademais, estará marcada por unha triple fusión entre natureza, música e enogastronomía, con actividades como degustacións e visitas guiadas que se desvelarán proximamente.
Dende este mércores están as entradas á venda no portal Ataquilla, sendo unicamente abonos para os 4 concertos, cun custo de 20 euros máis gastos de xestión.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Rebelión en el monte gallego contra la caza del jabalí con las técnicas 'en mano' y 'al salto': 'Puede causar muchos accidentes
- Las casas más modernas de Santiago, en las revistas de decoración
- El empedrado de la rúa de San Pedro mantendrá cerrada la calle durante varios días esta semana
- Tres de los barrios con el alquiler más caro de Galicia están en Santiago: la zona norte supera al Ensanche
- Una mujer herida y trasladada al hospital tras caer dentro de un autobús por una maniobra brusca en Santiago
- El multifuncional de Milladoiro abre este año con pisos públicos y colegio ya en obras
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
