VISITA
Cee redeseña o mercado municipal co fin de convertelo en revulsivo comercial e turístico
A subdelegada do Goberno supervisou as obras, que estarán rematadas en decembro

A alcaldesa, á dereita, e a subdelegada do Goberno, segunda, visitando as obras / C. C.
A subdelegada do Goberno, María Rivas, acompañada da alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, supervisou as obras de transformación do mercado municipal, coas que se pretende convertelo nun revulsivo para o comercio local e o turismo.
Esta actuación non só atende unha demanda veciñal, senón que tamén “axudará á mellora do dinamismo económico de Cee”, apuntou María Rivas. As obras, orzamentadas en 1,32 millóns de euros, están financiadas cunha subvención de 1.057.979 € do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (o 80%). Está previsto que rematen en decembro.

Rivas presidiu tamén en Cee a Xunta Local de Seguridade para concretar o dispositivo da Xunqueira / D. G.
O proxecto de reforma integral contempla a creación dun espazo gastronómico, zonas de exposicións e de artesanía e unha área de descanso e de promoción do Camiño de Santiago, ademais de melloras da envolvente térmica, do illamento acústico e da iluminación.
Por outra banda, María Rivas lembrou que o Goberno central leva investidos “máis de 3.827.000 euros no concello de Cee para mellorar a vida das súas veciñas e veciños”.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados

