INNOVACIÓN
Empresas punteiras a nivel mundial sitúan a Ames como un referente no eido tecnolóxico
Alfonso Rueda subliña o papel dos emprendedores na súa vista a D3 Applied Technologies do Milladoiro

Blas García, segundo esquerda, e Alfonso Rueda cun simulador da empresa tecnolóxica / C. A.
O parque empresarial do Milladoiro acolle empresas punteiras a nivel mundial que sitúan a Ames como un referente nos sectores tecnolóxico e audiovisual. Unha delas é D3 Applied Technologies, que desenvolve solucións de I+D+i para a industria naval e para os sectores aeronáutico, civil e industrial.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, do alcalde de Ames, Blas García, e do CEO de D3 Applied Technologies, Gonzalo Redondo, visitou este mércores as instalacións da compañía e destacou o papel dos emprendedores á hora de xerar emprego de calidade, subliñando que estes son “os que crean riqueza e os que de verdade lle dan valor engadido ás ideas que teñen”.

Blas García, esquerda, e Alfonso Rueda, na visita á empresa do Milladoiro / Mónica Arcay
Rueda recordou que a través da Oficina Económica de Galicia “intentaremos acompañar os proxectos para que todo sexa áxil e para que a burocracia non sexa un problema”, achegando tamén axudas puntuais “para despois multiplicar todas as oportunidades”. Ademais, destacou a aposta da Xunta por reter o talento innovador e atraer investimentos.
Neste eido, a Administración autonómica conta con medidas para fomentar a posta en marcha de proxectos, como a Rede de Polos de Emprendemento (14 centros espallados por toda a comunidade nos que os emprendedores reciben orientación e asesoramento durante todo o proceso); unha liña de axudas para os gastos de lanzamentos das startups (1,5 millóns de euros na convocatoria de 2024); ou unha rede de aceleradoras desde as que se aposta por dar pulo a proxectos innovadores mediante a colaboración público-privada, entre outras iniciativas.

Alfonso Rueda e Blas García na empresa D3 Applied Tecnologies / Mónica Arcay
Pola súa banda, o alcalde, Blas García agradeceu ao presidente da Xunta e á conselleira o seu interese “por coñecer o que facemos en Ames. Algunhas veces nin os propios veciños e veciñas son coñecedores do potencial que temos no noso concello”. García subliñou a importancia do polo tecnolóxico e de innovación do Milladoiro e destacou que empresas como D3 Applied Technologies “son un referente e permiten que dende aquí se traballe no deseño de barcos que compiten na Copa América ous nos Xogos Olímpicos”.
“Sentímonos moi orgullosos do que se fai no noso concello”, engadiu o rexedor amiense. “Podemos dicir que Ames é as ás de Galicia, porque somos punteiros en innovación, tecnoloxía, comunicación e audiovisual, pero tamén a nivel demográfico, xa que somos o único concello galego con saldo vexetativo positivo”.
Por iso, Blas García aproveitou o acto e a visita do presidente autonómico, Alfonso Rueda, para solicitarlle a colaboración da Xunta de Galicia “para que Ames continúe avanzando e para que as empresas como a que hoxe visitamos poidan seguir medrando no municipio”.
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene



