Aprobado o novo estudo de viabilidade para a construción do complexo deportivo do Milladoiro
O importe das obras increméntase en 342.923 € pola inflación e sitúase en 7,3 millóns

O alcalde de Ames, Blas García, presidindo a sesión plenaria celebrada este xoves / Cedida
A Corporación local de Ames aprobou este mércores o estudo de viabilidade para a construción da instalación deportiva municipal do Milladoiro e a explotación do conxunto deportivo que conformará a nova instalación xunto ao centro municipal A Telleira de Bertamiráns.
O goberno local puxo en coñecemento da Corporación o novo estudo de viabilidade, elaborado pola consultora Dosvalor, incluído no expediente de concesión de obra pública para a construción de dita instalación deportiva. O estudo, que a consultora presentou o 18 de xuño, foi aprobado por PSOE, PP e Espazo Común (o BNG abstívose).
Tal e como explicou a edil de Servizos Económicos e Deportes, Susana Señorís, o 30 de marzo de 2023 levouse a pleno o estudo de viabilidade, que foi aprobado por unanimidade e sometido a exposición pública, pero o departamento de Intervención elaborou un estudo de sustentabilidade que reflectiu vairas eivas, o que provocou que houbera que solicitar un novo plan de viabilidade, pois non se xustificaba a duración da concesión por encima do prazo de 12 anos e era necesario revisar os ingresos pola utilización do aparcamento.
Señorís explicou que as principais modificacións do novo estudo son que o importe das obras no novo centro do Milladoiro pasan, a consecuencia da inflación, de 6.987.916 a 7.330.839 €; que os fondos propios da futura concesionaria para financiar o investimento pasan de 2.160.166 a 4.363.504 €; que o modelo de financiamento prevé un préstamo para a futura concesionaria que pasa de 30 a 15 anos; que se modifican os importes das tarifas a aboar polos usuarios e se actualizan conforme ao IPC previsible ata 2027, ano previsto para o inicio da concesión; que se incorporan investimentos no centro xa existente da Telleira por 994.394 €; que desaparece a achega municipal prevista de 600.000 €; e que a Taxa Interna de Retorno conxunta das dúas instalacións pasa do 13,29 ao 13,41%.
A voceira de Espazo Común, Luísa Feijoo, destacou que “o anterior proxecto xa nos xeraba algunhas dúbidas e este aínda nos xera máis. O que se presenta neste informe é unha estimación orzamentaria de preto de 8 millóns de euros. A duración da licitación é moi longa, polo que esta contía pode variar pola inflación”.
Feijoo engadiu que “o modelo de financiamento para a futura concesionaria, aínda que se incrementa a cantidade orzamentaria, baixa en anos de 40 a 15” e que “ademais vai contar cun aparcadoiro de pago, cando as infraestruturas similares da contorna o teñen gratuíto”.
Tras sinalar que “a ubicación non é a máis axeitada, porque esa zona ía ser o gran pulmón verde do Milladoiro”, Feijoo dixo que “é unha infraestrutura moi necesaria”.
A voceira do BNG, Escarlata Pampín, dixo que “somos conscientes da necesidade que ten O Milladoiro dunha piscina cuberta, pero atopámonos xa dende o inicio deste expediente con moitas deficiencias que trasladamos no seu momento e que volvemos trasladar agora”.
Así, explicou que “unha concesión a tantos anos supón un risco, polo que cremos que no plan de viabilidade deberían figurar outras alternativas, como buscar financiamento doutras administracións, establecer un convenio con outro centro deportivo ou asumir o Concello a construción das instalacións e despois ceder a xestión a unha empresa que pagase un canon para sufragar parte do investimento”. Tamén ao BNG lle xera dúbidas o emprazamento do edificio, “que deixará sen espazo libre esa zona central do Milladoiro”.
Para o Bloque tampouco é axeitada a xestión conxunta deste novo complexo xunto ao da Telleira, e sobre o financiamento, considera que é unha instalación “necesaria, pero non a calquera prezo, e menos comprometendo a estabilidade financeira e orzamentaria do Concello e das oito próximas corporacións”.
O voceiro do PP, Pablo Beiroa, dixo que “estamos no mesmo lugar” respecto ao estudo anterior e que “seguiremos pendentes deste asunto para que os veciños do Milladoiro teñan canto antes centro deportivo”.
Por outra banda, o pleno aprobou (cos votos de PSOE, BNG e Espazo Común e a abstención do PP) a cuarta prórroga da concesión administrativa da xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira, por un máximo de dous anos, prazo no que se manterán as mesmas condicións da concesión existente e no que a concesionaria do servizo, Serviocio Deporte Cultura e Recreación S.L., terá que executar obras por 128.958 euros, sen IVE.
Tamén se aprobaron por unanimidade a fixación dos festivos locais para 2025 (o xoves 29 de maio, día da Ascensión, e o martes 24 de xuño, día de San Xoán); a concesión da Medalla do Concello a Borja Golán Santín (este punto xa foi aprobado previamente, por unanimidade, nunha xunta de voceiros en xuño, e a distinción entregouse o pasado martes 23); e a participación no POS+ Adicional 2/2024, segunda fase, da Deputación da Coruña (co que se van acometer melloras no edificio da Escola Municipal de Música de Aldea Nova por 254.166 €. Tamén se aprobou a modificación da base número 50 do orzamento para incluír a axuda de 2.000 € a Solidariedade Internacional de Galicia.
Suscríbete para seguir leyendo
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión

