Guadi Galego presentará este venres "Síntese horizonte" en Bertamiráns
A partir das 22:00 horas, no parque do Ameneiral, con entrada libre

Concerto de Guadi Galego / Ivan López
A cantante e música cedeirense Guadi Galego presentará este venres día 9 en Bertamiráns o seu novo espectáculo, Síntese horizonte, no que amosa todo o aprendido e desaprendido ao longo da súa xa extensa traxectoria musical.
Será a partir das 22:00 horas no parque do Ameneiral da vila amesá. Este concerto, que se enmarcará no programa das festas da Peregrina, será de entrada libre e gratuíta, ao ser financiado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Este novo espectáculo foi concibido expresamente para ser representado ao vivo e supón unha aposta da artista por evolucionar o seu son.
Síntese horizonte preséntase en formato banda e cunha coidada iluminación e posta en escena. Guadi Galego comezou a súa andadura musical como parte de Berrogüeto -tanto na voz como de instrumentista- e foi desenvolvendo proxectos en solitario co paso dos anos.
A Banda de Nash
Así mesmo, o programa Seráns de Ames chega hoxe por primeira vez á parroquia de Agrón. O campo da festa acollerá o concerto do grupo de versións A Banda de Nash, a partir das 20.00 horas.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado