PLAN
Identificadas en Galicia 170 áreas de río e 28 costeiras con risco potencial de inundación
O novo plan de xestión prevé ampliar en 3,7 quilómetros a de Ponteceso

Ángeles Vázquez, segunda esquerda, con concelleiros e ténicos en Carballo / Xunta
A Xunta de Galicia está deseñando un novo Plan de xestión de risco de inundación 2028-2033, e na avaliación preliminar da situación dos ríos galegos realizada por Augas de Galicia proponse incluír dous novos treitos no río Serantes, na súa desembocadura en Oleiros, e no rego dos Corrais, en Ferrol, así como ampliar a área de risco de Ponteceso en 3,7 quilómetros.
Así o indicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, en Carballo, onde supervisou as obras executadas no parque de San Martiño para reducir o risco de inundacións do río Anllóns. Esta é unha 170 áreas de río con risco potencial siginificativo de inundación (ARPSI) identificadas no plan actualmente vixente en Galicia, cunha extensión de 548 quilómetros, ás que hai que engadir outras 28 áreas costeiras, cunha lonxitude de 160 quilómetros.
Nas obras de remodelación integral do parque de San Martiño, no río Anllóns, invertíronse case 450.000 euros. Os traballos déronse por rematados recentemente e tiñan como fin principal a construción e instalación de elementos de protección ante posibles avenidas.

A conselleira de Medio Ambiente na clausura das obras no San Martiño / Xunta
Ángeles Vázquez lembrou que o parque está nunha ARPSI e os traballos executados forman parte das actuacións previstas no marco do convenio de colaboración que mantén Augas de Galicia co Concello de Carballo para dar solución e reducir os riscos dunha eventual inundación do río Anllóns neste punto. Trátanse en total de cinco obras, dúas xa rematadas e o resto en marcha, cun investimento previsto de 6,3 millóns de euros, que se financiarán con fondos da Xunta integramente.
En todo caso e á marxe deste convenio, o organismo hidráulico está tramitando tamén a redacción do proxecto para a demolición da ponte de San Martiño-rúa Igrexa e a nova ponte da rúa San Xoán Bautista de Carballo, unha actuación que melloraría tamén o comportamento hidráulico do río na zona urbana.
O deseño do novo plan galego de xestión de risco de inundación está, dende este xoves, a exposición pública por un periodo de tres meses “co fin de recompilar as posibles achegas de entidades e cidadáns para minimizar os efectos dos asolagamentos sobre o territorio, a economía e a poboación”, afirmou a conselleira.
Sinalou tamén que a Xunta segue avanzando nos estudos relativos ao cambio climático e os seus efectos nos ríos “xa que axudan a realizar unha valoración cuantitativa das variacións nos caudais de avenida esperados en función dos distintos escenarios”. Neste sentido, avanzou que no plan 2028-2033 proporase unha listaxe de zonas de especial seguimento polo impacto do cambio climático co obxectivo de reunir máis datos e información de cara á súa posible catalogación como futuras áreas con risco de inundación.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Una ciudad gallega, finalista a mejor Destino Nacional en los Premios Condé Nast Traveler
- Vecinos y oposición detectan fallos al humanizar Milladoiro y exigen multas por estacionar mal
- Santiago se blinda ante el desalojo del edificio okupa de la Algalia de Arriba
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: crónica del paro desde puntos clave de Santiago
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?



