FESTAS
Guadi Galego xunta mil cinconcentas persoas no parque do Ameneiral
Bertamiráns acolle este domingo a fase final do concurso Canta con Ames

Concerto de Guadi Galego no parque do Ameneiral de Bertamiráns / Cedida
Guadi Galego foi a protagonista do programa Ames en festas na noite do 9 de agosto. A artista residente no municipio amiense congregou a preto de 1.500 persoas no parque do Ameneiral de Bertamiráns.

Concerto de Guadi Galego no parque do Ameneiral de Bertamiráns / Cedida
Presentou os temas do seu traballo Síntese horizonte, unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, na que amosa todo o aprendido e desaprendido ao longo da súa traxectoria musical. A pasada noite no Ameneiral foi acompañada dunha portentosa banda e dunha produción que destacou pola súa coidada iluminación e posta e escena.
No mesmo escenario, este domingo, a partir das 19.00 horas, terá lugar a fase final do concurso Canta con Ames, que vai pola súa cuarta edición e “estase a converter nun fenómeno seguido por xente de todas as idades”, afirma a edil de Promoción Económica, Ana Belén Paz. Destaca así mesmo que nesta edición se superaron todas as barreiras: “O nivel é moi alto e non vai ser sinxelo escoller aos gañadores”, sinalou. O evento retransmitirase en directo a través dos perfís de Facebook e Instagram do Concello de Ames.
As 12 persoas seleccionadas polo xurado interpretarán dous temas completos de distinto estilo musical e loitarán por distintos premios económicos. Nesta gran final o público poderá gozar tamén da actuación de Rosa Arauzo, participante na edición do Canta con Ames do ano 2022 e na presente edición de 2024 (aínda que foi eliminada en fase de preselección) que, con 87 anos, é a concursante máis veterana do certame. Así mesmo, Samuel Fernández interpretará unha canción coa súa guitarra, en homenaxe a Paco de Lucía, mentres o xurado delibera.
O Canta con Ames é un concurso organizado pola concellería de Promoción Económica en colaboración coas asociacións de empresarios Novo Milladoiro e Xuntanza de Empresarios de Ames. A cuarta edición do certame comezou os días 12 e 13 de xullo coas dúas xornadas de preselección, nas que participaron 32 persoas de Ames e doutros concellos, como Lugo, A Estrada, Pontevedra, Vigo ou Madrid. En xogo hai 2.000 euros en premios.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado


