O crecente potencial da ruta Traslatio refórzase con novos servizos no Club Náutico de Barraña
O director de Turismo de Galicia inaugurou a nova sede da entidade

Pola esqda., Romero, Babío, Merelles, Ruiz de Cortázar e Fajardo / Cedida
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este sábado na inauguración da nova sede do Club Náutico de Barraña (Boiro), onde salientou o “crecente potencial” que ten a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, a ruta Traslatio, reforzada agora con estes novos servizos.
“O Goberno autonómico realiza unha firme aposta polas posibilidades de futuro de este itinerario xacobeo”, dixo Merelles, quen lembrou que Turismo de Galicia destina este ano 1,3 millóns de fondos Next Generation a mellorar 11 infraestruturas náuticas da ruta Traslatio, modernizando as súas instalacións e servizos. A esa cifra súmanse outros 1,5 millóns que se destinan ao resto de náuticos de Galicia.
No acto participaron tamén o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o edil de Deportes, Marcos Fajardo; Jesús Babío, presidente do Náutico de Barraña; e Javier Ruiz de Cortázar, presidente de Asnauga.
Xosé Merelles participou ademais na entrega de premios da XXVIII Regata Cruceiro Cenor.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre
