Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames licita a pavimentación das rúas Poeta da Maía, Xesteira e da Feira, en Bertamiráns

O investimento supera os 118.000 euros

Tramo da rúa Poeta da Maía, unha das que van ser pavimentadas

Tramo da rúa Poeta da Maía, unha das que van ser pavimentadas / Cedida

Ames

A xunta de goberno local de Ames aprobou o expediente de licitación das obras de pavimentación das rúas Poeta da Maía, Xesteira e da Fieira, no núcleo urbano de Bertamiráns, co obxectivo de continuar coa vertebración e cohesión do territorio municipal. O proxecto ten un orzamento base de licitación de 118.799,62 euros (IVE incluído) e forma parte do POS+ 2024 da Deputación Provincial da Coruña.

Esta actuación súmase á xa executada no Milladoiro nas rúas do Muíño Vello, Agro do Medio, do Rego e de Abaixo, así como ás que se van acometer nas rúas Pardiñeiros, Seidón e Panasqueira.

Dotarase dunha nova capa de rodaxe a toda a superficie das rúas con cinco centímetros de mestura bituminosa en quente, previo fresado.

Así mesmo, na rúa da Fiera tamén se acondicionará unha nova superficie de 185 m2 con 15 centímetros de zahorra, 15 de grava con tratamento asfáltico semiprofundo e 5 de mestura bituminosa en quente como capa de rodaxe. As obras completaranse coa sinalización horizontal.

Tracking Pixel Contents