DEPORTE
A amesá Verónica Fernández, campioa nacional de boxeo elite
Actualmente entrena no Club Antelo Team do Milladoiro

Verónica Fernández proclamouse campioa de España de boxeo elite / Cedida
A finais do pasado mes de xullo, a boxeadora amesá Verónica Fernández proclamouse campioa de España de boxeo elite, tras derrotar na final á cántabra Paola Benavides. Actualmente adestra no Club Antelo Team do Milladoiro e tivo a oportunidade de participar nesta competición por primeira vez da man da Selección Galega. Esta boxeadora, natural da parroquia amesá de Oca, pasou directa á final, na que derrotou a Benavides en tres asaltos.
Fernández leva boxeando máis de dous anos e, aínda que debutou en novembro do ano pasado, xa participou noutras competicións como o Campionato Galego celebrado en Sanxenxo, o Open Vila de Marín ou os campionatos galegos de Noia. A boxeadora amosa o seu agradecemento ao club AnteloTeam e á Federación Galega de Boxeo.
A edil de Deportes, Susana Señorís, dixo que “Ames é un concello cheo de talento. Este éxito é froito do seu esforzo e dedicación e dende o Concello non podemos máis que expresar o noso orgullo e felicitala”.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado

