Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OCIO

Cento trinta persoas gozaron das actividades de envellecemento activo do Amessán

O campamento, dirixido a maiores de 60 anos, incluíu actividades físicas e cognitivas

Veciñas e veciños de Ames durante a visita a Boiro no marco do campamento sénior

Veciñas e veciños de Ames durante a visita a Boiro no marco do campamento sénior / C. Ames

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ames

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Ames, a través da concellería de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, organizou durante o mes de xullo o campamento sénior Amessán 2024, dirixido a persoas maiores de sesenta anos empadroadas no municipio.

Unha das actividades do campamento Amesán

Unha das actividades do campamento Amesán / C. Ames

As actividades de dito campamento realizáronse os martes e os xoves de cada semana. Participaron ao redor de 130 persoas que realizaron diferentes actividades de envellecemento activo. Todos os xoves visitaron varias vilas galegas: Pontevedra, Oleiros e Boiro.

O campamento sénior Amessán 2024, dirixido a persoas de 60 anos en diante empadroadas no concello de Ames, rematou o martes 30 de xullo. Nesta cuarta edición os participantes repartíronse en dous grupos: un no Milladoiro e outro en Bertamiráns. As actividades foron impartidas polos mesmos monitores que o programa Amessán.

Participantes no campamento durante a visita a Boiro

Participantes no campamento durante a visita a Boiro / C. Ames

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, destaca que “é un programa que funciona moi ben. O obxectivo é que os nosos maiores pasen un verán entretido visitando diferentes vilas e cidades galegas e tamén que continúen realizando diferentes actividades de envellecemento activo. Así dáselle continuidade ao programa Amessán durante o mes de xullo”.

Os martes impartiuse actividade física e cognitiva. Deste xeito, dentro das propostas terapéuticas ao aire libre os usuarios participaron en andainas por Bertamiráns e O Milladoiro, e realizaron exercicios de ximnasia terapéutica nas prazas e paseos da localidade.

Estas iniciativas tiveron lugar en espazos exteriores: o Pazo da Peregrina e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, e a Praza de Manuel Murguía, a contorna da piscina municipal e o anfiteatro do Milladoiro.

Activación da memoria

Ademais, promoveuse a estimulación cognitiva con accións de activación de memoria, de relaxación e xogos de cooperación, que se impartiron en instalacións pechadas: a Casa dos Maiores do Milladoiro (antigo centro de saúde) e a Casa dos Maiores de Bertamiráns, situada na Praza da Maía.

Por outra banda, os xoves os usuarios do campamento sénior participaron en actividades fóra do concello para coñecer diferentes vilas galegas. Deste xeito, os días 4, 11 e 18 de xullo visitaron Pontevedra, Oleiros e Boiro. Percorreron estas localidades para coñecer os seus lugares máis emblemáticos, segundo subliñan dende o Concello amiense.

Tracking Pixel Contents