PATRIMONIO
Mozos voluntarios de catro países contribúen a conservar e manter o castro larachés de Montes Claros
Encargaranse da limpeza con medios manuais dos afloramentos rochosos

Voluntarios con representantes da Consellería de Cultura, o Concello e a arqueóloga / C. L.
Xa está en marcha un novo campo de voluntariado internacional que contribuirá a manter e conservar o castro de Montes Claros, da Laracha. O grupo conta con quince mozos e mozas de Santiago, Vigo, Bueu, Moaña, Madrid, Cataluña, Navarra e tamén doutros países como Francia, Colombia e Turquía.
Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello larachés coa colaboración da Consellería de Cultura. Continuando coas intervencións desenvolvidas en anos precedentes, o traballo específico do campo de voluntariado céntrase na realización de tarefas de limpeza con medios manuais dos afloramentos rochosos e do resto do ámbito. Fanse esas tarefas tras recibir a oportuna formación relativa á identificación das estruturas do poboado fortificado e das paisaxes históricas, e sempre co control do equipo directivo do proxecto e baixo supervisión arqueolóxica.
Visitarán tamén varios lugares do municipio e da Costa da Morte, como o dolmen de Dombate, o castelo de Vimianzo e o centro de olería tradicional de Buño. Tamén desfrutarán dunha ruta ecuestre, da práctica do surf, e dunha observación astronómica no dolmen Arca da Piosa, de Zas, entre outras actividades.
Ata o 14 de agosto aloxaránse nas instalacións do centro sociocultural de Santa Margarida, antigo hospital dos peregrinos de Montemaior.
A Laracha aposta cada verán por levar a cabo iniciativas dirixidas a persoas de entre 18 e 30 anos, encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna.
O alcalde, José Manuel López, acompañado pola concelleira de Xuventude, Patricia Bello, o director territorial e o técnico da Consellería de Cultura, Severino Álvarez e Alejandro Bregua respectivamente, e a arqueóloga, Puri Soto, déronlle a benvida aos mozos e mozas. O rexedor explicoulles a importancia que ten o castro de Montes Claros para Laracha e a aposta do Concello pola súa recuperación. A organización asume ao completo os custos da estancia e manutención, así como das actividades culturais que realizan.
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas




