Tordoia estrea o renovado céspede artificial do campo de fútbol municipal da Rega
A obra custou 50.000 € e acondicionouse tamén o acceso ao recinto de xogo local Manuel Juncal

O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, esqda., e Diego Calvo / Cedida
O campo de fútbol municipal da Rega, en Tordoia (no que xoga a S.D. Tordoia) dispón xa dun renovado céspede artificial tras rematar uns traballos que se levaron a cabo cunha achega de 50.000 euros da Xunta de Galicia, a través da orde de axudas dirixida a entidades locais para executar obras nas instalacións deportivas de titularidade municipal. Así mesmo, Tordoia tamén se beneficiou de case 8.000 € para material deportivo.
As tarefas de renovación comezaron a mediados do mes de xullo para ter todo rematado e preparado antes da tempada dos partidos da liga regular. Ademais, tamén se mellorou o acceso ao outro campo de fútbol tordoiés: o Manuel Juncal.
Tordoia foi un dos 186 concellos beneficiarios nas dúas convocatorias de subvencións do Goberno galego nesta materia e, na propia comarca de Ordes, o investimento para realizar obras e dotar de equipamento deportivo aos clubes da área superou os 236.000 euros.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu este luns á inauguración do novo céspede do campo de fútbol municipal, xunto cos alcaldes e alcaldesas de todos os municipios da comarca, para comprobar o resultado dos traballos realizados ao longo deste último mes.
Durante a visita a Tordoia, Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración entre administracións para poder sacar adiante actuacións como esta, dirixidas á mellora da prestación dos servizos relacionados co deporte.
Durante a súa intervención no acto celebrado este luns, o representante do Goberno autonómico sinalou que “este campo de fútbol das Regas é un exemplo da aposta do Executivo galego a prol dunha poboación que leve unha vida activa e saudable a través do fomento da práctica da actividade física e da promoción do deporte base en espazos que reúnan todas as condicións necesarias”.
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Playmobil y el Día del Circo convierten Área Central en el gran plan familiar del fin de semana
- El Obradoiro, sin piedad con el Ourense en el derbi
- Educación adjudica las obras de ampliación del IES Lamas de Abade y de cambio de cubierta del Rosalía de Castro
