Máis de vinte peñas de Boiro compartirán xogos este sábado nunha romaría chea de música
Celebrarase no parque da Cachada e inclúe unha Festa Holi

Pola esquerda, David Laíño, María Outeiral e Quin Riveiro / Cedida
O parque boirense da Cachada acollerá o vindeiro sábado día 17 a quinta edición da Romaría das Peñas que organiza a asociación cultural Peñas Boiro e que conta coa colaboración do Concello.
A concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral, acompañou na presentación do programa ao presidente da asociación, David Laíño, e a Quin Riveiro, membro da directiva.
A romaría dará comezo ás 16.30 horas coa xuntanza das peñas (máis dunha vintena, algunhas delas con centos de integrantes) e ás 17.00 horas darán comezo os xogos. Media hora despois haberá unha Festa da Espuma e ás 18.00 inchables para nenos e adultos.
Finalmente, ás sete da tarde terá lugar a Festa Holi e comezará a sesión musical a cargo da macro discoteca móbil Euphoria Disco Show, con actuacións de Gainza, Zoe Rey, DJ Quin, Marcos Magán, Places e Goxi de Bao.
Por outra banda, o circuíto de Espiñeira acollerá do 16 ao 10 a terceira Summer Race, unha carreira de pequenos vehículos a radio control organizada polo clube RCE Barbanza e no que competirán pilotos de varios puntos de Galicia.
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto