Ames, en pé de guerra contra o Sergas: insiste na reforma do centro de saúde de Bertamiráns
O consultorio presta servizo a usuarios do municipio e da contorna dende hai máis de tres décadas

Instalacións do centro de saúde de Bertamiráns, en Ames / Cedida
O Concello de Ames leva reclamándolle á Consellería de Sanidade a reforma integral do centro de saúde de Bertamiráns, de xeito formal, dende hai case dous anos e, polo momento, non obtivo unha reposta por parte do Sergas. Trátase dunha demanda prioritaria dentro do goberno local dende hai moito tempo.
Desta volta, o propio alcalde de Ames, Blas García, volveu solicitarlle o pasado día sete ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, unha xuntanza para poder abordar definitivamente un asunto que dende o goberno local tildan de “necesario para poder prestar un servizo de calidade”.
O centro de saúde de Bertamiráns leva máis de trinta anos prestando servizo a toda a veciñanza da localidade e tamén aos habitantes de concellos próximos, como por exemplo Brión.
“Está obsoleto e xa non responde ás necesidades dun concello de máis de 33.000 habitantes. O PAC, que tamén presta servizo ao concello veciño de Brión, está amplamente sobrepasado e nunhas condicións deficientes para a prestación dun bo servizo”, afirma ao respecto o rexedor amesán.
A tarefa pendente de Sanidade
Non é a primeira vez que o Concello de Ames solicita unha xuntanza con Sanidade sobre este problema, pois á petición deste mes de agosto hai que sumar un escrito enviado o pasado 29 de maio. Ademais, o goberno amesán xa enviou en ocasións anteriores peticións semellantes a precesores do actual conselleiro, Gómez Caamaño.
De feito, a mediados do mes de xaneiro de 2023 o rexedor envioulle unha carta ao entón responsable de dito departamento autonómico, Julio García Comesaña. Ademais, xunto coa petición da reunión, puxéronse a disposición da Xunta de Galicia os terreos anexos ao centro sanitario para realizar as obras de ampliación pertinentes. Un ofrecemento que na actualidade se segue mantendo por parte do executivo.
A instalación sanitaria presta servizo a máis de 15.000 usuarios, sumando ás súas funcións de PAC (Punto de Atención Continuada) e presenta grandes problemas de carácter estrutural e de espazo, ademais de falta de profesionais. O concello de Ames, o único de Galicia con saldo vexetativo positivo, é dos poucos que medran ano tras ano.
Neste sentido, o mandatario local, Blas García, destaca que precisan ter un servizo á altura. “Creo que a Administración autonómica debería premiar aos concellos que logramos romper a tendencia demográfica desta comunidade, proporcionando uns servizos que vaian en consonancia coas necesidades dunha poboación crecente”, conclúe o rexedor amesán en relación a dita reivindicación.
Suscríbete para seguir leyendo
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
