O Executivo local amiense crea unha bolsa de axudas de dez mil euros para deportistas
Os importes non poden superará os 700 € e serán compatibles con outras subvencións

Deportistas amesás practicando deporte / Concello de Ames
Ames aprobou unha nova liña de achegas para a concesión de bolsas a deportistas do concello no ano 2024, unha medida consensuada na xunta de goberno local celebrada o pasado 8 de agosto.
O importe dispoñible para estas axudas ascende a 10.000 euros e cada beneficiario poderá recibir un importe individual que non poderá superar os 700 euros. O prazo para poder presentar as solicitudes será dun mes dende o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, sinala que o obxectivo destas bolsas é “apoiar aos deportistas individuais de Ames, como medio para promover o deporte do municipio e, desta forma, conseguir logros deportivos para o concello”.
Deste xeito, destaca que “o que se pretende é axudar á práctica e ao rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e á obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel”.
Poderán solicitar estas axudas as persoas nadas ou empadroadas en Ames dende hai un mínimo de dous anos. Deberán acreditar nivel deportivo na modalidade practicada e ter proxección nas previsións de futuro, así como non estar cumprindo ningún tipo de sanción e estar ao corrente coas obrigas fiscais do municipio.
No caso das persoas deportistas menores de idade, deberán facer a solicitude os seus pais ou os seus responsables legais.
As achegas estarán divididas en dúas partidas, seguindo criterios de idade: un grupo de beneficiarios de entre doce e dezasete anos e outro de deportistas que teñan entre dezaoito e vinte e tres.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson
