Avelino González, elixido Xograr de Outono do FIOT de Carballo
Recibirá o galardón na próxima edición do certame, que se celebrará no mes de outubro

O actor Avelino González / Vanessa Rábade
O xurado do Festival Internacional Outono de Carballo (FIOT) decidiu entregar o seu galardón Xograr de Outono da súa edición de 2024 a “unha das personalidades máis carismáticas e queridas da cultura galega”: o actor Avelino González.
Di de González o xurado do festival que “representa as características dun auténtico xograr, pola diversidade artística do seu perfil”, que conxuga a súa faceta con autor con ser un pioneiro da narración oral en Galicia e un recoñecido tradutor. Así mesmo, destacan a súa “relevante e valiosa traxectoria” para as artes escénicas galegas e valoran o seu “espírito implicado e inquedo”.
Deste xeito, o actor colle o relevo da xornalista, comunicadora cultural e escritora Ana Romaní, quen recibiu o premio na anterior edición deste certame, que trata de destacar a traxectoria de profesionais vencellados ao sector das artes escénicas galegas.
O acto de entrega do Xograr de Outono terá lugar durante a celebración da trixésimo terceira edición do FIOT, prevista para o próximo mes de outubro.
Avelino González ten formado parte do mundo do teatro dende a pasada década dos 80, na que comezou cargando escenografías, facendo dobraxe, cine, televisión ou animación na rúa. Un perfil todoterreno dunha persoa que di que todo era “bonito de facer” e que, co paso dos anos, o terminou levando a representar traballo de directores consagrados coma Candido Pazó, Roberto Vidal Bolaño ou Sante Corteoso; así como a traballar con compañías coma TalíaTteatro ou Coperactiva.
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Ir a 80 km/h por el centro de Santiago: de ser sanción a enfrentarse a prisión
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago

