Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arzúa impón multas simbólicas a vehículos mal estacionados para concienciar aos condutores

É un xeito de fomentar as boas prácticas antes de comezar a multar polas infraccións

Multa simbólica colocada polo Concello de Arzúa nun vehículo mal estacionado

Multa simbólica colocada polo Concello de Arzúa nun vehículo mal estacionado / Cedida

O Concello de Arzúa iniciou esta semana unha campaña de concienciación consistente na colocación de multas simbólicas nos vehículos mal estacionados nas rúas do municipio para advertir aos condutores destas malas prácticas.

É o anticipo dos procedementos sancionadores que prevén comezar a aplicar se estes comportamentos proseguen ao termo desta campaña, que terá unha duración duns quince días.

“Sempre defendemos que antes de sancionar é importante concienciar. Queremos formar e informar á veciñanza porque non queremos que isto se entenda como unha medida recadatoria, senón como unha acción que quere que todas e todos tomemos conciencia, asumamos as nosas responsabilidades individuais e cooperemos para mellorar a vida en Arzúa”, afirmou o alcalde, Xoán Xesús Carril, que incidiu en que estes estacionamentos irregulares poden, por exemplo, dificultar o paso de persoas con mobilidade reducida ou de carriños de bebés.

Arzúa é de todos e todas, das que imos conducindo e das viandantes. Arzúa tamén é túa; coidémola”, pode lerse nas papeletas que coloca a Policía Local.

Tracking Pixel Contents