Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Concello e Galp potencian o turismo do litoral da Laracha con actividades en clave de sensibilización ambiental

Deseñaron un programa que comeza este venres cunha exposición sobre morcegos, e organizarán andainas, talleres e rutas guiadas

Tramo do Sendeiro do Saldoiro, que bordea o areal e o litoral da localidade de Caión, na Laracha

Tramo do Sendeiro do Saldoiro, que bordea o areal e o litoral da localidade de Caión, na Laracha / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

O Concello da Laracha e a Consellería do Mar, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) da Costa da Morte, promoven un novo programa a realizar na vila de Caión e dirixido a favorecer o desenvolvemento local, potenciar o turismo e destacar o patrimonio medioambiental do litoral larachés.

O mar de Caión: un acercamento ao medio ambiente mariño e costeiro inclúe unha serie de actividades participativas, e tamén iniciativas para embelecer a paisaxe urbana da vila de Caión que se van levar a cabo durante os próximos meses. Preténdese que a poboación local e visitantes reforcen o seu interese pola conservación do medio mariño e costeiro, xerando unha concienciación e un vínculo con este ecosistema que incremente a sensibilización social e favoreza a súa posta en valor.

Como primeiras propostas, este venres 30 ás 19.30 inaugurarase no centro sociocomunitario de Caión a exposición Os morcegos de Galicia cunha visita guiada. Como actividade complementaria, o sábado 31 ás 20.00 realizarase a ruta nocturna Os Mor-Cegos, os invisibles tornan visibles. Consistirá nunha explicación teórica para identificar as especies, como viven e como detectalas para, a continuación, realizar un percorrido pola contorna de Caión. Os datos recollidos enviaranse á Asociación de Morcegos de Galicia co obxectivo de colaborar na recompilación de citas para o Atlas de morcegos.

En setembro vanse realizar un obradoiro de redeiras (venres 20 ás 17.00 h), unha andaina polo Sendeiro Azul (sábado 21 ás 11.00) e o taller para coñecer as especies costeiras A arribazón, os tesouros do mar de Caión (sábado 21 ás 18.00).

A outra parte do proxecto, centrada nas actuacións dirixidas a embelecer a paisaxe urbana, contempla a realización de catro murais en diferentes localizacións da vila e a creación dunha ruta selfie composta por estruturas que permitan tomar autorretratos e a instalación de letras corpóreas que visibilicen a identidade de Caión. O proxecto conta cun orzamento total de 77.000 euros a financiar a través da liña de axudas da Consellería do Mar.

Tracking Pixel Contents