Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

As Brincadeiras Miúdas do programa Apego traen xogos e a Cé Orquestra este mércores e tamén o xoves a Ames

Celebraranse no serán no parque do Ameneiral e na Carballeira de Ventín

Actuación do multiinstrumentista de Cé Orquestra Pantasma

Actuación do multiinstrumentista de Cé Orquestra Pantasma / Cé O.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ames

A Concellaría de Normalización Lingüística de Ames pon en marcha as Brincadeiras Miúdas, dúas xornadas do programa Apego con xogos tradicionais, música, obradoiros e creación libre de xoguetes que se desenvolverán na tarde deste mércores 4 de setembro no parque do Ameneiral (Bertamiráns), e na do xoves 5 na Carballeira de Ventín.

As brincadeiras comezarán cun concerto participativo de Cé Orquestra Pantasma e continuarán con xogos tradicionais, xogo libre e desestruturado e un espazo para a creación libre de xoguetes con materiais naturais. A actividade diríxese ao público familiar, e as convocatorias, que son de balde e sen inscrición previa, chegarán de 18.00 a 20.00 horas.

As familias interesadas en sumarse a Apego poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215, así como cubrindo o formulario Súmate ao apego, dispoñible na páxina web do programa.

TEMAS

Tracking Pixel Contents