Adif inicia en Valga a obra da ponte que substituirá ao paso a nivel da vía ferroviaria en Castiñeiras

Inicio dos traballos da ponte sobre a vía do tren en Castiñeiras / Cedida
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) iniciou a execución das obras na contorna da vía do tren para eliminar dous pasos a nivel en Castiñeiras (Valga). A empresa adxudicataria está a realizar movementos de terras e os recheos sobre os que se asentará a ponte que substituirá ao paso a nivel, que permitirá cruzar as vías con seguridade e garantirá a conexión entre ambas as marxes e a accesibilidade para os propietarios de terreos e veciños en xeral.
Terá un gálibo vertical de 7 metros, conformado por tres vans, dous carrís de 3 metros de ancho e beiravías exteriores de 0,50 metros. Adosadas a estas, senllas bandas de 1,80 metros nas que se instalarán un muro de protección, as beirarrúas, unha varanda e valla antivandálica.
Ademais, darase continuidade aos camiños de enlace paralelos á vía ferroviaria entre los lugares de Laxes e Carracido e dende a praia fluvial de Vilarello ata Vilar. A lonxitude total será de 1,7 quilómetros.
O investimento total aproxímase aos catro millóns, dos que o Concello aporta máis de 219.000 euros.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La USC confirma todas las candidaturas a rectora excepto la de Alba Nogueira: "É unha cuestión formalista"
- La Guardia Civil localiza 3.000 plantas de marihuana en Ames: la mayor plantación desmantelada este año en Galicia
- Raxoi evalúa el proyecto para el nuevo barrio de Mallou y ve «cosas a mejorar»
