Origen, Olympus, Los Satélites e Marbella amenizarán as catro xornadas de festa por Santa Minia en Brión
As celebracións chegarán ata a capital local entre o 26 e o 29 deste mes

Cola de fieles dentro del templo de Santa Minia, Brión, para visitar la urna con los restos de la mártir / ECG
A Romaría de Santa Minia 2024 xa ten cartel, cun deseño asinado polo artista plástico e veciño de Brión, Xosé Vizoso. Toda unha tradición que anuncia a proximidade dunha das celebracións máis populares da contorna, e que reúne na Maía a milleiros de devotos romeiros, do 26 ao 29 do presente mes.
E á espera de coñecer o programa completo, xa se pode adiantar que amenizarán as celebracións as orquestras Los Satélites, Olympus, Marbella e Origen. O festival de Bandas de Música achegará ao municipio á Banda de Música Municipal de Carballo, que actuará xunto á Banda de Música Municipal de Brión, e haberá galas da solista Ruth Cundíns, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Sr. Salvaje e Astarot, sen esquencer o VIII Festival Monecadas, da man de Títeres Cascanueces, Cachirulo e Alakrán.
Este ano, a romaría celebrarase os días 26, 27, 28 e 29 de setembro, unhas datas que coinciden parcialmente coa fin de semana. Ao longo das catro xornadas, ademais dos tradicionais oficios relixiosos e a proxección do espectáculo de luz e son e tirada de fogos de artificio, desenvolverase unha ampla programación festiva con numerosos espectáculos e actividades lúdico-culturais, sen esquencer as gastronómicas coas polbeiras habituais.
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La humanización de Milladoiro acaba: fin de semana de asfaltado y recepción el 29
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La Real Filharmonía de Galicia, en la encrucijada
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional


