Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EDUCACIÓN

As familias do CEIP do Pindo elevarán as súas queixas pola falta de mestres á Valedora

O luns volverán a quedar na casa os nenos e nenas da localidade

Concentración de pais e nais o pasado xoves no Pindo

Concentración de pais e nais o pasado xoves no Pindo / Cedida

Carnota

A xuntanza de nais e pais de alumnos do CEIP do Pindo (Carnota) co inspector de Educación deixou máis dúbidas que certezas sobre a demandada cobertura de prazas de dous profesores especialistas e unha coidadora. Por iso, acordaron “pedir unha reunión con instancias superiores e remitir a queixa á Valedora do Pobo”, afirmou Mariana González, portavoz da ANPA.

Dende a asociación aseguran que o representante da Xunta comprometeuse a elaborar un informe coas demandas da comunidade educativa, despois de “dicir que non sabía nada de por que non se enviou o mestre de Audición e Linguaxe que confirmaran xa fai varias semanas”.

Respectó á coidadora, “entende que é necesaria pero non está garantida, e sinalou que non dotan máis recursos porque non hai cartos”, engadiu a portavoz da ANPA. Ante esta situación os pais e nais decidieron que o luns tampouco enviarán aos seus fillos e fillas ás aulas, co que sumarán xa tres días sen asistir a clases.

Dende a ANPA fan tamén un chamamento ao outros colexios a unirse para que "non nos silencien e que o noso berro sexa máis forte. Digamos non aos recortes na educación dos nosos fillos".

Tracking Pixel Contents