Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Exitoso balance dunha multitudinaria romaría da Virxe da Barca

Preto de 50.000 persoas se achegaron nalgún momento a algunha das xornadas desta festividade

O presidente da entidade organizadora da romaría da Virxe da Barca, Ramón Pérez, fixo balance dos festexos deste ano, que atraeron a máis de 50.000 persoas ata a localidade de Muxía nas datas da segunda fin de semana de setembro.

Pérez mostrouse “moi satisfeito coa excelente asistencia rexistrada nesta edición”, que ocupou por completo as máis de 2.000 camas hoteleiras do municipio e xuntou a máis de 20.000 persoas nas xornadas máis multitudinarias, as de sábado e domingo, entre actividades relixiosas e lúdicas.

A habitual procesión da Virxe, e a misa campestre posterior, xuntaron a máis de 5.000 asistentes; nuns festexos cunha importante representación de países de Sudamérica e do continente asiático. Así mesmo, as emisións en directo das liturxias tiveron máis de 1.200 visualizacións de media.

Tracking Pixel Contents