A Pobra reactiva as súas escolas deportivas cunha ducia de disciplinas diferentes para esta tempada
Tamén ofrecen actividades para maiores, que van dende andainas a clases de baile latino

Responsables de Deportes da Pobra do Caramiñal presentando a oferta deportiva do concello para o curso 2024-25 / Cedida
O Concello da Pobra do Caramiñal presentou onte a programación das súas escolas deportivas de cara a tempada 2024-25, que inclúen unha oferta de máis dunha ducia de disciplinas diferentes para a cativada interesada en unirse a algún dos clubs con actividade no municipio.
A Concellaría dos Deportes xestiona directamente a educación física base-predeporte e o fútbol sala mixto en idades menores de doce anos; mentres que existen outras varias entidades deportivas locais para a práctica de artes marciais, atletismo, baloncesto, fútbol -con dous equipos, Crocha e Puebla-, patinaxe artística, remo, tenis, tenis de mesa, xadrez, xogos de mesa e tiro con arco.
Estes clubs contan xa, informan dende o servizo de Deportes, con “moitas prazas cubertas”, mais aínda hai ocos para quen teña interese en apuntarse a algunha das actividades. Así mesmo, onte o Concello tamén promove cursos para a poboación adulta e máis maior, que van dende ximnasia de mantemento, pilates e andainas ata clases de baile, salsa e ritmo latino.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
