Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

O Concello rianxeiro impulsa novas obras de asfaltado en Rianxiño, Brión e A Capela

Os traballos súmanse aos executados e suman un importe de 150.000 euros

Alberto Angueira, esquerda, e Julián Bustelo no concello

Alberto Angueira, esquerda, e Julián Bustelo no concello / C. Rianxo

Rianxo

A Concellería de Obras do Concello de Rianxo impulsa novos asfaltados en viais municipais. As actuacións previstas levaranse a cabo nas próximas semanas en estradas localizados nos núcleos de Rianxiño (Rianxo), Brión (Leiro) e A Capela (Araño). Estas consistirán fundamentalmente na renovación do firme dos viais cunha capa de mistura bituminosa en quente.

Estes traballos súmanse a actuacións semellantes executadas durante o presente exercicio nos núcleos de Suigrexa (Asados), A Revolta (Asados), Salto do Lobo (Rianxo) e Ourolo (Taragoña) no marco do desenvolvemento do Plan de Mantemento dos Viais Municipais deseñado polo executivo de Julián Bustelo.

As actuacións xa executadas, xunto coas que se levarán a cabo nas vindeiras semanas, son promovidas polo Servizo de Obras do Concello de Rianxo e acadan unha valoración de máis de 150.000 euros.

Canda estas, tamén se acometeron traballos de nivelación do firme mediante aplicación de rego asfáltico en outros puntos do municipio.

O Concelleiro de Obras, José Alberto Angueira, destacou o “esforzo investidor que está realizando o Concello de Rianxo botando man de fondos propios para pouco a pouco ir correxindo o estado no que se atopan moitos dos viais municipais”.

Pola súa banda, a área de Cultura do Concello de Rianxo, xunto con outras entidades culturais, ten programadas diversas actividades para os vindeiros días. Así, o venres, día 27 ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio, terá lugar a preestrea da obra Cortello de amor, a cargo da compañía Amorodio Teatro, creada en residencia escénica no auditorio rianxeiro. A entrada é de balde ata completar capacidade, e poderán retirarse os convites dende unha hora antes da función na billeteira.

O sábado, día 28 ás 20.30 horas, no mesmo escenario terá lugar a representación ass pezas Fracturas e Erge o cu, creadas ao abeiro do Proxecto Entre Palav-Bras, coproducido polo Centro Dramático Galego e ButacaZero. As entradas tamén son de balde ata completar o aforo.

O venres 27 e o sábado 28 celebrarase tamén a cuarta edición do Hórreo Vivo, con música, teatro, circo, visitas guiadas, degustacións, monólogos e obradoiros promovidos pola asociacións Carballeira de Baia e o colectivo de veciños de Araño.

TEMAS

Tracking Pixel Contents