Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Pacto de perdedores en Muxía

Iago Toba, alcalde de Muxía por el PSdeG-PSOE

Iago Toba, alcalde de Muxía por el PSdeG-PSOE / E. P.

Merche Noceda, tenente de alcalde do Concello de Carnota

Carnota

Nestes días, o Concello de Muxía está vivindo unha situación límite propiciada por unha oposición que a día de hoxe aínda non foi quen de asumir a vontade dun pobo tan grande como o muxián.

Se a pasada lexislatura xa de por si foi convulsa, chegouse a un punto de non retorno e que nos debe facer reflexionar.

Cal é a pretensión dunha oposición que tivo e ten como liña política o non polo non?

Como se lle explica á cidadanía que por enriba deles, para algúns, están os intereses políticos e partidistas?

Cantos paus nas rodas debemos soportar aqueles que unicamente vimos á política a intentar mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas?

Acaso non é esta a finalidade de todos os que conformamos as listas?

Pois parece que non. Parece que hai quen se dedica a boicotear o traballo dun equipo que está volcado en darlle solución aos problemas da xente.

Dende a niña experiencia, que foi similar na lexislatura pasada, puiden comprobar de primeira man que non todos somos iguais, e menos mal!

Menos mal, e grazas, porque existan persoas como Iago, Olalla, Javier, Patricia e Felipe, que aparte de números nunha lista dun partido, son unha gran familia, que contra vento e marea traballan a diario e unidos por un interés compartido: ver medrar e prosperar o lugar onde naceron.

Xa coa moción dos perdedores presentada, (PP+BNG+IXMUXÍA) só queda esperar e ver que liña común poden ter estas tres formacións que en cinco anos de oposición, o único que os uniu foi o nulo traballo e o odio visceral a un alcalde e como acabar con el a toda costa. Xa non só a nivel profesional, senón tamén persoal, porque non era unha persoa cómoda e maleable, porque non se conformaba, porque non cedía ás chantaxes duns e doutros.

Concejales firmantes de la moción de censura en Muxía

Concejales firmantes de la moción de censura en Muxía / CEDIDA

Iago, non estás só, nunca o estiveches nin o estarás. Somos moitos os que confiamos en ti e no teu traballo: o teu equipo, familia, amigos e os teus veciños e veciñas. Pode que esta oposición, da cal me vou aforrar o cualificativo, che arrebate hoxe un dos teus soños, seguir loitando polo teu Concello, o cal sei que seguirás defendendo a morte dende calquera posición, pero o que nunca che van poder quitar é o cariño incondicional da túa xente, xa que eso nin se negocia nin se compra.

Cabeza ben erguida, e a seguir póndolle todo o teu “corasón” a calquera meta que te propoñas.

Muxía é hoxe máis bonita grazas a vós, e sen dúbida algunha non teredes teitos nas próximas eleccións para facela máis grande aínda.

Todo o meu apoio, compañeiros.

Tracking Pixel Contents