Os Grupos de Desenvolvemento Rural reúnense ca fin de avanzar no deseño de novas estratexias
Estas entidades buscan fomentar o emprego e a dinamización das contornas rurais

Participantes na reunión de traballo dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) / Xunta
O Pazo de Quián, en Boqueixón, acolleu onte unha nova xuntanza de representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para abordar as estratexias cas que afrontar os novos retos e oportunidades que poidan xurdir para a captación de recursos e a definición de proxectos elaborados por estas entidades supramunicipales.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presidiu dito encontro e lembrou que estes GDR contan con 56,9 millóns de orzamento para a súa actividade, dos cales 18 millóns se dedican integramente a sufragar os seus gastos de funcionamento. Así mesmo, dispoñen de 36,3 millóns máis para o desenvolvemento de operacións a terceiros, ao abeiro da primeira convocatoria do Programa Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac), que agora se fai cargo dunhas axudas antes xestionadas polo Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia.
No día de onte trataron diferentes cuestións relacionadas cos marcos de actuación dos grupos de desenvolvemento rural, pensados para fomentar o emprego nas contornas rurais galegas e facilitar que a canalización e o xurdimento de iniciativas e proxectos contribúan a dinamizar estas zonas do territorio mediante diferentes liñas de axudas.
Ao remate, a conselleira quixo destacar que estes grupos “teñen un peso importante á hora de desenvolver iniciativas” para a mellora das condicións de vida no rural e enfatizou que “favorecen a remuda xeracional” necesaria neste medio; polo que remarcou o compromiso da Xunta con estas entidades.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
