MAR
Innovador proxecto de procesado de algas e percebes en Muxía
O percebeiro Santiago Pérez experimentará con novas presentacións e elaborará produtos veganos

Villares, terceiro esquerda, e Santiago Pérez, na sede do proxecto Abrumar, en Muxía / Xunta
Santiago Pérez, un percebeiro de Muxía, decidiu dar un paso á fronte e emprender cunha aposta decidida pola innovación e a sostebilidade na pesca costeira artesanal. A finais do ano pasado o seu proxecto Abrumar I+D+i By SantiPerez foi unha das iniciativas beneficiarias das axudas da Consellería do Mar, a través do GALP Costa da Morte, por un importe de preto de 267.000 euros que cubren o 70% da inversión para a súa posta en marcha.
O espazo no que desenvolverá a súa actividade atópase aínda en obras, e prevé que non entre en funcionamento ata 2025. Este ano realizará probas e ao inicio só ten planificado o uso de percebe e de algas.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, visitaron este venres Muxía para coñecer de primeira man como están sendo os inicios do proxecto produtivo. O responsable autonómico puxo en valor este modelo de negocio innovador e a súa aposta pola revalorización do excelente recurso que ofrece o mar de Galicia, comercializando novos produtos con sabores e presentacións diferentes que lles permite distinguirse e apreciarse no mercado.
Destacou que se avogue por unha liña de elaborados veganos, unha tendencia de consumo á alza, a base de algas mariñas, amosando o dinamismo e proactividade do sector á hora de dar resposta ás cambiantes necesidades dos consumidores.
Tamén manifestou a importancia de que estas iniciativas teñan a vista posta na sostibilidade da actividade pesqueira, mediante o procesado natural e a economía circular, aproveitando ata os descartes, outorgándolles un novo valor coa súa utilización para caldos, fumets ou patés entre outros. “Un modelo que contribúe á economía azul e á competitividade do sector mediante a diversificación das súas actividades, e que ten na pesca artesanal galega un enorme potencial”, afirmou Villares.
Subliñou que estes proxectos serven para poñer en valor o produto de proximidade e a gastronomía local, propiciando a dinamización das economías dos concellos costeiros.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias



