Oroso e Sogama colaborarán nun programa de compostaxe nunhas cincuenta vivendas
Só participarán fogares con hortas ou xardíns nos que empregar os materiais que se xeren

Compostadores empregados como parte do programa de Sogama ao que se adheriu o Concello de Oroso / Concello de Oroso
O Concello de Oroso decidiu este luns pasar a formar parte do programa de compostaxe doméstica que promove a empresa pública xestión de residuos Sogama, no cal se involucrarán ata cincuenta vivendas unfamiliares deste municipio con xardín ou hortas nas que aplicar os produtos resultantes da reciclaxe de materia orgánica.
Con esta iniciativa, Oroso procura “dar un paso máis cara á xestión sostible dos residuos”, defendeu a administración municipal nun comunicado, no que tamén incidiu na importancia de reducir a cantidade de residuos xerados e reciclar maior parte dos mesmos. Por este motivo, valoraron positivamente a instalación destes sistemas para fabricar compost nos fogares, un “abono natural con excelentes propiedades nutritivas para o solo ao que, ademais, protexe fronte a pragas e enfermidades”.
Sogama subministrará de forma gratuíta ao concello un total de cincuenta composteiros fabricados con materiais reciclados e reciclables, con capacidade para 400 litros. Do mesmo xeito, tamén entregará “materiais didácticos de apoio” cos que axudar aos participantes no programa e ofrecerase para impartir un curso de formación presencial, con técnicos da propia sociedade de xestión de residuos, no que a veciñanza poderá coñecer os métodos empregados de primeira man e resolver as súas dúbidas.
O obxectivo último e a recuperación paulatina dunha “práctica tradicional no rural galego” e da que se volve facer uso “dunha forma máis cómoda, hixiénica e eficiente”. Os usuarios deberán comprobar o osíxeno, a temperatura e a humidade dos seus dispositivos, parámetros “de gran importancia para que o compost resultante sexa de alta calidade e cumpra con todos os requisitos normativos para ser utilizado, con garantías e sen restriccións, na agricultura e en xardinería”.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
