Pioneiros do celuloide protagonizan o cartel do festival internacional Cinema Miúdo de Ames
Celebrarase do 14 ao 17 de novembro e achegará aos cativos películas de Méliès ou os irmáns Lumière na vila galega coa maior ratio de nenos e nenas

O alcalde, Blas García, de pé, terceiro pola equerda, con protagonistas do Cinema Miúdo en 2023 / Paula Cermeño
O festival internacional de cinema infantil de Ames (Cinema Miúdo) xa está quentando os proxectores para a celebración da súa sétima edición, que terá lugar entre os vindeiros días 14 e 17 de novembro nas instalacións das casas de cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.
Ames é o concello con maior ratio de nenos e nenas de Galicia, e que mellor lugar para celebrar este festival. O certame está xestionado por terceiro ano pola entidade cultural galega Abella Producións, que vén de desvelar o cartel e temática deste ano: os pioneiros do cinema.
A imaxe gráfica do certame é obra da deseñadora e ilustradora Alejandra Abalde, coñecida no eido creativo como Srta. Doti. Fiel ao seu estilo colorista e entrañable, Abalde retrata doce momentos significativos na historia da sétima arte e no cartel pódense recoñecer persoeiros abraiantes como os irmáns Lumière, Georges Méliès, Alice Guy ou incluso Mickey Mouse sentados nas butacas dunha sala de cine.
A temática será transversal en moitas das actividades do festival. A través de proxeccións, unha exposición e propostas interactivas, a cativada terá a oportunidade de explorar a maxia do cinema desde os seus inicios, comprendendo como estes visionarios transformaron as imaxes en historias cativadoras e sentaron as bases para a arte cinematográfica que desfrutamos hoxe en día.
Ao mergullarse no legado destes pioneiros, as nenas e nenos do concello de Ames aprenderán sobre técnicas cinematográficas e desenvolverán un sentido de apreciación pola arte e a narrativa visual.
Esta temática celebra a historia do cinema ao tempo que inspira ás novas xeracións a soñar e crear, fomentando a súa imaxinación e curiosidade. Cinema Miúdo brinda ás nenas e nenos a oportunidade de conectar co pasado e sentirse motivados para contar as súas propias historias, converténdose nos cineastas do mañá.
Cinema Miúdo é un festival de cine infantil nado no concello de Ames en 2018 que cada ano medra en número de espectadores e repercusión. O mencionado festival, que ten carácter internacional, quere proporcionar ao público miúdo galego a oportunidade de gozar de filmes inéditos, orixinais e sorprendentes e de descubrir olladas doutras partes do mundo.
Deste xeito, propíciase que a rapazada descubra o gusto polo cinema e fórmase un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual. “Isto ten especial relevancia para o concello de Ames, que ten actualmente a maior ratio de nenos e nenas de toda Galicia”, destacan dende a organización do festival.
Nas anteriores edicións de Cinema Miúdo, o público asistente gozou de sesións con filmes feitos en Galicia e tamén en países como Francia, Corea, India, Afganistán, Marrocos ou Estados Unidos, ademais de sesións específicas para escolares, mesas redondas para membros da comunidade educativa, obradoiros e diversas sesións musicais.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Playmobil y el Día del Circo convierten Área Central en el gran plan familiar del fin de semana
- El Obradoiro, sin piedad con el Ourense en el derbi
