Tres obras de teatro marcan o comezo da programación cultural deste outono en Ames
A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá as representacións de “Geometría del alma”, “Testosterona” e “Go home”

Representación da obra de teatro "Geografía del alma" / Concello de Ames
As xeometrías do corpo, a desigualdade laboral por razón de xénero e a experiencia persoal dun fanático das viaxes. Son os temas que centran as tres obras de teatro coas que dará comezo nestas vindeiras semanas a proposta cultural do Concello de Ames para os meses de outono. Unha serie de representacións que terán lugar, todas elas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.
Programación infantil
O día 18 de outubro, ás 18:00 horas, este recinto acollerá a posta en escena de “Geometría del alma”, unha obra pensada para o público infantil e que forma parte do programa Camiño Escena Norte. Nela fusiónanse elementos de teatro visual, danza contemporánea e manipulación de obxectos para explorar a relación entre as formas xeométricas e o corpo humano. Un corpo, explican dende a promotora, ao que se lle tratará de dar alma dende a xeometría para poder comprender o seu funcionamento dende o interior.
Obras para público adulto
Ese mesmo día, apenas unhas horas despois do remate desta primeira obra, representarase no mesmo escenario “Go home”, da compañía Etiqueta Negra. Protagonizada por David Amor e Josito Porto, esta obra que dirixe Tito Asorey explora as peripecias dun tolo das viaxes que “pensa que xa viviu todas as aventuras que as axencias de turismo poden ofrecer”, ata que unha sorpresa o leva a pasar unha noite no Cebreiro. Alí sitúase o punto de partido dunha historia que o levará a experimentar “emocións moi intensas”.
Por último, xa a finais do mes de novembro, o venres 29 ás 20:30 horas, Malasombra Produccións porá en escena “Testosterona”; o relato do director dun importante medio de comunicación que debe deixar o seu posto de mando en mans dun dos seus subdirectores: un home ou unha muller. A obra procura propoñer “unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por razóns de sexo, pero de xeito que o público se sorprenda cun sorriso debuxado nos beizos”.
Estas dúas últimas actividades forman parte da programación da Rede Galega de Teatros, que conta coa colaboración económica da Axencia Galega das Industriais Culturais (AGADIC). As entradas para os tres espectáculos están xa á venda na billeteira electrónica do Concello de Ames, que dispón de descontos e prezos reducidos para determinados colectivos.
Festivais de maxia e cine
As obras de teatro non son a única programación cultural prevista para os vindeiros meses, senón que, do 25 ao 27 de outubro, celebrarase unha nova edición, a decimonovena, do Festival Internacional de Maxia; que montará espectáculos e obradoiros para todos os públicos. O evento, organizado polo departamento municipal de Cultura ca axuda da Deputación da Coruña, conta con espectáculos de maxia para bebés, maxia para os máis maiores ou a habitual gala máxica internacional.
Así mesmo, o Concello de Ames tamén impulsa o VII Festival Cinema Miúdo, que, os días 14, 15, 16 e 17 de novembro, levará ás Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns diferentes filmes e traballos audiovisuais cos que achegar á sétima arte á cativada. Deste xeito, poderán aprender sobre técnicas cinematográficas e desenvolver a súa relación con este medio de expresión cunha aproximación que comprenderá dende os mesmos inicios da cinematografía ata a actualidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- Así es la tapa de oreja más popular de Santiago: 'Hacemos hasta 120 kilos a la semana
- El furancho que conquistó a la princesa Leonor a 50 minutos de Santiago: 'Tiene una de las mejores empanadas
- El Obradoiro conquista Coruña y parte del ascenso directo
- Casi 55.000 jóvenes y jubilados compostelanos viajan gratis en bus metropolitano: un 16% más
- Este pueblo a media hora de Santiago busca vecinos: con trabajo y alquileres desde 400 euros
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana

