SERVIZOS
Ames activa o primeiro plan de saúde mental e crea a Unidade de Necesidades Emocionais
Dará cobertura a toda a veciñanza, especialmente aos nenos, adolescentes e maiores

Permuy, esquerda, Señarís, García e Montesa na presentación do plan / C. Ames
O Concello de Ames vén de activar o primeiro Plan municipal de benestar emocional e saúde mental, para previr, promover e atender a saúde mental da veciñanza amesá, especialmente entre nenos, adolescentes e persoas maiores.
Trátase do primeiro plan de promoción de benestar emocional do Concello, que busca dar unha resposta estruturada ás necesidades reais que se detecten entre a poboación. Para participar nas actividades ofertadas ou para solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo uneames@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 641 993 858.
Segundo diversos estudos, aproximadamente un 15% da poboación sofre ou sufrirá algún trastorno mental ao longo da súa vida. O plan do Concello de Ames ten por obxectivo previr e atender as necesidades dos veciños para mellorar o benestar psicolóxico e a súa calidade de vida. Durante o último trimestre vanse impartir intervencións de promoción de benestar emocional e saúde mental no ámbito escolar, un programa grupal para maiores e outro de cesamento de tabaco en grupo.
Tamén se vai habilitar un espazo presencial de asesoramento, coordinación e derivación para as problemáticas e demandas da poboación infanto-xuvenil e da terceira idade, a través da Unidade de Necesidades Emocionais, que se ubicará no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, destaca que Ames é “un concello pioneiro na creación desta ferramenta, que agardamos que mellore a vida dos veciños e veciñas”. Ademais, sinala que “esta iniciativa é unha proba de que apostamos pola saúde, tanto física como psicolóxica”.
O alcalde, Blas García, explica que “Ames é un concello de servizos e este programa é un claro exemplo diso. Somos a administración máis próxima e non podemos eludir un dos grandes problemas de saúde do noso tempo. A veciñanza gozará dun programa de saúde mental pioneiro en Galicia. Centraremos a nosa acción na poboación máis vulnerable”.
No acto de presentación tamén participaron os psicólogos Juan Carlos Permuy e Belén Montesa, de CoidadosÁmente, que se encargarán de impartir e desenvolver o programa.
Obradoiros nos institutos
A promoción do benestar emocional e saúde mental no ámbito escolar densenvolverase tanto no IES de Ames como no IES Milladoiro (nos cursos de segundo de Bacharelato). Vanse impartir obradoiros, de catro horas, para o manexo do estrés e da ansiedade, e para aprender a regular as emocións de forma saudable para o benestar emocional.
No relativo ás persoas maiores, créase un programa grupal de benestar emocional con encontros en formato taller. Neles traballarase en prol de reducir os niveis de soidade; mellorar a saúde emocional e psicolóxica; incrementar a súa participación social; potenciar o sentido da comunidade; ofrecer recursos e servizos de apoio; promover o envellecemento activo e saudable; e crear conciencia e sensibilización sobre a soidade neste colectivo.
Estas actividades vanse impartir os venres, en horario de 17.00 a 19.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
Pola súa banda, a Unidade de Necesidades Emocionais atenderá aos usuarios os luns de 19.00 a 21.00 horas. No Pazo da Peregrina tamén se desenvolverá o programa de cesamento de tabaco en grupo, os martes, de 18.00 a 20.00 horas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades






