A Deputación da Coruña ve urxente abordar a saúde mental como un problema prioritario
Mar García Vidal participou en Ribeira nunha mesa redonda

Mar García Vidal, segunda pola dereita, durante a súa intervención / Cedida
A deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García Vidal, participou este xoves en Ribeira nunha mesa redonda sobre a saúde mental en Galicia, no marco da conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental.
Xunto a Mar García participaron tamén a psiquiatra Carmen Armas; o xefe do servizo de Psiquitaría da área de saúde Barbanza-Santiago, Mario Páramo; e Isabel Fernández, traballadora social e secretaria da asociación A Creba.
Na súa intervención, a responsable de Política Social da Deputación da Coruña destacou "a necesidade urxente de abordar a saúde mental como un problema de saúde pública prioritario en Galicia", incidindo en cuestións como "o reforzo do sistema de saúde pública por parte da Xunta de Galicia para mellorar a calidade asistencial, a atención integral ás persoas que sofren trastornos mentais, medidas de prevención e educación, así como de apoio ás familias, que moitas veces carecen de recursos suficientes neste sentido".
Mar García defendeu tamén "a necesidade de enfrontar os desafíos específicos do entorno rural no ámbito da saúde mental", onde se produce un maior illamento social e falta de recursos asistenciais e subliñou a importancia de programas como os que desenvolve a Deputación nos concellos máis pequenos para loitar contra a soidade non desexada e promover a socialización das persoas maiores e o envellecemento activo.
A deputada destacou tamén "o papel fundamental que desenvolven as entidades sociais neste ámbito, prestando atención tanto ás persoas que sofren as enfermidades mentais como ás súas familias".
"Entidades fundamentais como A Creba, que hoxe está aquí presente, e moitas outras ao longo e ancho da provincia, realizan un gran traballo para mellorar a vida de moitas persoas que sofren doenzas mentais e das súas familias. Un labor co que nos sentimos orgullosos de poder colaborar desde a Deputación da Coruña", afirmou.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre