Brión homenaxea ao antropólogo falecido Carlos Rodrigues Brandâo
Haberá conferencias sobre a súa vida e obra e inaugurarase unha mostra das súas fotografías

Imaxe antiga do antropólogo brasileiro Carlos Rodrigues Brandâo / Cedida
O centro social polivalente de Brión acolle este venres dende as 20:00 horas a homenaxe promovida polo Concello ao antropólogo brasileiro Carlos Rodrigues Brandâo, finado en 2023 e responsable de varias investigacións sobre a vida rural en Galicia en parroquias deste municipio.
O acto será conducido por Luciano Pena Andrade, unha persoa próxima ao falecido, e servirá tamén como mostra inaugural da exposición Brandâo 1993: Brión a ollo de antropólogo, conformada por unha selección de fotografías realizadas polo homenaxeado no concello e que xa ía ser inaugurada por el mesmo no ano 2020, aínda que finalmente foi adiada pola pandemia.
Haberá dúas conferencias sobre a vida e obra de Brandâo e a cita rematará cunha actuación musical de Iván Vilela, intérprete de música brasileira de xira por Europa. A entrada é de balde, ata completar aforo.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
