Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lalín estrea un novo centro de saúde que evitará desprazamentos a Santiago

Integra nun mesmo espazo consultas, PAC e atención a emerxencias do 061

Lalín estrea un novo centro de saúde

Javier Rosende Novo

Javier Ramos

Javier Ramos

Lalín

Un único edificio que integra centro de saúde, Punto de Atención Continuada (PAC)e atención ás emerxencias do 061.O novo Centro Integrado de Saúde (CIS) de Lalín, inaugurado onte e que entrará en funcionamento o vindeiro luns, reúne nun mesmo espazo unha multitude de usos sanitarios cos que a Xunta de Galicia procura reducir a dependencia dos veciños da comarca do Deza do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).

Así, este novo complexo unifica servizos para máis de 35.000 persoas dos municipios de Dozón, Rodeiro, Lalín e Agolada. Tamén ofrecerá asistencia especializada para residentes en Silleda e Vila de Cruces, xa que incorpora novas prestacións de cardioloxía, rehabilitación cardíaca ou cirurxía ambulatoria. As previsións das autoridades sanitarias son que esta carteira de servizos poida seguir a incrementarse no futuro e evite o desprazamento dos usuarios a outros centros hospitalarios.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou onte na estrea dun centro de saúde no que o Goberno galego investiu máis de 13,5 millóns de euros na obra e no equipamento das instalacións.

A este montante cómpre sumar os 500.000 euros destinados polo Concello de Lalín ás obras para a urbanización do espazo.

No seu discurso durante a cerimonia de inauguración, Rueda destacou que esta construción é «un exemplo do compromiso da Administración autonómica cunha atención sanitaria máis próxima, eficiente e resolutiva».

Tracking Pixel Contents