Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A nova imaxe institucional de Muros pon o foco nas parroquias e no vínculo co mar

Foi deseñada por Xaime Beiro e simboliza o mar do nordés, os soportais e as construcións mariñeiras

María Lago e Xaime Beiro xunto á nova imaxe institucional

María Lago e Xaime Beiro xunto á nova imaxe institucional / Cedida

Muros

O Concello de Muros presentou este venres a súa nova imaxe corporativa e institucional, unha nova marca que reflicte os elementos máis representativos do concello e o seu forte vínculo co mar.

Nun acto organizado para o tecido asociativo do municipio e o conxunto da veciñanza celebrado no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, a alcaldesa, María Lago, destacou que «quixemos darlle presenza aos aspectos máis identificativos do noso concello, integrando todas as parroquias de Muros».

A base principal do deseño é o mar do nordés, tan frecuente na ría de Muros-Noia e que transmite forza e personalidade, xunto a unhas formas curvas que fan referencia aos soportais e construcións mariñeiras de Muros.

Os arcos buscan representar a parte máis terrestre do concello, as parroquias e a zona máis de montaña, mentres que o patrón simétrico das ondas da imaxe solápase para representar unhas escamas como símbolo da pesca.

«Queremos que o concello teña unha imaxe dinámica e visualmente atractiva, útil nun entorno dixital e que permita unha identificación clara», engadiu ao respecto María Lago.

Nesta liña incide asimesmo Xaime Beiro, deseñador e autor da imaxe institucional, quen sinalou que «o primeiro obxectivo era modernizar a imaxe cunhas liñas que se adaptaran ás novas tecnoloxías e aos novos formatos de comunicación». «Trátase dunha marca máis limpa e recoñecible na que o vínculo co mar sexa protagonista, un mar de nordés, un mar vivo e de carácter tan característico en Muros», explicou.

O catro de outubro de 1286, o rei Sancho IV outorgaba por primeira vez a Muros o privilexio de Puebla. Así se recolle na Carta de Privilexio e Confirmación outorgada por Felipe II en 1571, un dos documentos máis importantes do Arquivo Histórico do Concello, que aporta unha valiosa información, xa que se retrotrae ata o século XIII e pon data á fundación da vila de Muros.

TEMAS

Tracking Pixel Contents