O marisqueo en Muros-Noia comeza con cupos "baixos": "O 95% acabará morrendo"
Dende a confraría noiesa sementaron este venres crías de berberechos para tentar paliar os efectos do temporal

Una mariscadora recoge almejas muertas en la ensenada de San Simón / Adrián Irago / EP

Uns 1.500 profesionais do marisqueo das confrarías de Noia, Muros, Portosín e Porto do Son comezan este luns, tras un ano sen actividade, a nova campaña de marisqueo, aínda que o fará cunhas "expectativas moi baixas", como indica Santiago Cruz, o patrón maior do pósito noiés.
O forte temporal que desencadeou a chegada da borrasca Kirk a Galicia o pasado mércores golpeou con forza ao sector, afondando nas preocupacións que xa afloraban polo pequeno tamaño dos bivalvos: "a campaña empeourou moito co paso do temporal, agora diría que o 30% ou máis está afogado".
Froito das intensas chovias e as fortes rachas de vento, unha gran cantidade de bivalvos chegou ás praias «arrastrado» pola marea. Para intentar buscar unha solución, dende a confraría fixeron este venres "labores de limpeza e sementamos algunhas crías de berberecho e de ameixas". Así, botaron ao mar uns 280 kilos de ameixa xapónica e 500 kilos de cría de berberecho que foran arrastrados á terra. Unha medida que, aínda que non é, nin moito menos, unha certeza, é a única solución: "tiñamos que buscar unha solución porque senón a cousa vai estar aínda peor». «Calculamos que o 5% poderá sobrevivir, mentres que o 95% acabará morrendo porque xa está moi tocado", engade.
Á marxe dos problemas producidos polas condicións meteorolóxicas adversas, dende a confraría sinalan "a apertura da presa do río Tambre en baixamar" como o outro gran problema para os bancos marisqueiros noieses. Neste sentido, o sector urxe dende hai tempo a necesidade de tomar medidas para acabar co problema: "a administración ten que falar con Naturgy e mentalizalos de que non poden abrir a presa en baixamar. A nós perxudicanos moito que non haxa un protocolo para controlalo".
Uns cupos "non moi altos"
Ademais, como recorda Santiago Cruz, a comezos deste mes de outubro, o cabido aprobou cales van ser os cupos establecidos para este ano, unha cota que "non é moi alta". Neste sentido, o cupo establecido a flote é de 8 kilos para o berberecho para o primeiro e o segundo tripulante, e de 5 para o terceiro; mentres que, en canto á ameixa son 3 kilos a xapónica, 2 de babosa e 2 de fina, por tripulante. Ademais, en canto o marisqueo a pé o cupo é de 5 kilos de berberecho, 3 de ameixa xapónica, 2 de babosa e 2 de fina. Unha cantidade "baixa", pero "é que tampouco se pode facer máis".
A necesidade de faenar
Á marxe dos numerosos problemas cos que da comezo esta nova campaña, Santiago non oculta as "ganas de traballar que ten a xente". Unhas ganas, que na maioría dos casos se trata case máis dunha necesidade tras un ano sin ingresos: "hai quen cubre un pouco de axuda, duns 1.200 euros, pero sobre o 40% aínda non cobrou nada e en todo este tempo se tivo que buscar a vida". A pesar destas dificultades, o patrón maior mostrou certa tranquilidade por ver como os pósitos da zona poderán faenar, se as cousas non se complican. "Por sorte, aquí, na ría de Muros-Noia, non hai confrarías que teñan os bancos pechados", indica.
Ao longo desta primeira semana de campaña unha bióloga vai realizar un estudo para coñecer os danos e ver a cantidade de marisco que está tocado. "Este estudo vainos permitir saber con certeza canta mortaldade houbo, pero os mariscadores xa o vemos e sabemos que parte del non está ben", explica o patrón maior, que engade que coa chegada dos resultados "vai acabar confirmándose que hai unha unha mortaldade bastante alta".
Os mariscadores da ría de Muros-Noia comezan así hoxe unha "campaña complicada", que esperan que non acabe de maneira prematura como o pasado ano, xa que "sería outro golpe moi duro" para o sector.
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- El legendario París-Dakar revive en Fontiñas: así es la versión del barrio compostelano
- Hijos de Rivera lanza Santa Clara, su nueva cerveza temporal en colaboración con Basqueland Brewing
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Cuarenta chefs con Estrella Michelin en Negreira por Art for Dent, Arzak y Casa Barqueiro
- El aeropuerto de Santiago cambia Heathrow por Gatwick, pero mantendrá su vuelo diario con Londres este invierno
- La USC sitúa a tres investigadores entre los jóvenes más destacados de Galicia por sus avances en energía, obesidad y turismo
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan


