Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O concello de Rois comeza as visitas de seguimento da campaña de compostaxe doméstica

Os composteiros poden recollerse de maneira gratuíta no Edificio Multiúsos

O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Cobas, xunto a unha veciña de Rois durante unha das visitas

O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Cobas, xunto a unha veciña de Rois durante unha das visitas / Concello de Rois

Anxo Bentrón

Anxo Bentrón

Rois

A pasada semana deron comezo as visitas de seguimento da campaña de compostaxe doméstica que se desenvolve no concello de Rois, tal e como se anunciara na sesión formativa do pasado xoves 3 de outubro. A maestra composteira Yolanda visitou os fogares participantes na iniciativa para comprobar o bo uso dos composteiros e dar consellos útiles para a súa utilización.

Nas visitas tamén participou o concelleiro de Medio Ambiente Manuel Cobas, quen destacou a importancia desta iniciativa para optimizar a xestión dos residuos orgánicos no municipio.

A próxima ronda de visitas terá lugar dentro de aproximadamente un mes. Pero, mentre tanto, os veciños que aínda non adquiriron o seu composteiro poden recollelo no Edificio Multiúsos de forma gratuíta de luns a venres de 17.00 a 20.00 horas e os luns, mércores e venres de 10.00 a 13.00 horas.

Tracking Pixel Contents