Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O plan formativo de Ames e Brión logra o 50% de inserción laboral

Abren outra edición con axudas para gardería e atención a dependentes

Unha das actividades formativas do plan de emprego de Ames e Brión

Unha das actividades formativas do plan de emprego de Ames e Brión / CEDIDA

Santiago

Os concellos de Ames e Brión aliáronse para poñer en marcha este mes unha nova edición do Programa Integrado de Emprego, que tras o éxito da anterior, que aínda rematará o doce de novembro e rexistrou unha porcentaxe de inserción laboral do 50%, porá o acento en ámbitos formativos como o turismo (mesmo con clases de Inglés) e o emprendemento ao redor dos sectores do ocio e o tempo libre, así como a xestión e administración de negocios.

O novo programa desenvolverase de outubro de 2024 a setembro de 2025. O obxectivo é que como mínimo o 40% dos participantes atopen traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións.

¿Quién puede apuntarse?

Este novo ciclo formativo vai dirixido a persoas inscritas como demandantes de emprego que sexan menores de 30 anos ou maiores de 45 desempregadas de Ames e Brión; persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou Renda Activa de inserción (RAI); ou mulleres desempregadas dos dous citados concellos.

Prácticas en empresas

Os participantes poderán realizar prácticas en empresas da contorna relacionadas co sector ou sectores de actividade nos que prefiran formarse, e terán dereito a unha bolsa de 10 € ao día pola asistencia ás diversas accións do programa. Igualmente, disporán de axudas para a conciliación da vida laboral e familiar, destinadas a cubrir os gastos de gardería e/ou atención ás persoas dependentes.

Tracking Pixel Contents