As aulas de Boiro volven contar este curso cunha nova edición do Proxecto EnClave para previr o acoso escolar
Constará de sete programas que se van levar a cabo nos colexios de Educación Primaria e nos institutos

A concelleira de Ensino, Carmen Silva, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, durante a presentación do Proxecto EnClave 2024/2025 / Concello de Boiro

O concello de Boiro puxo en marcha o pasado venres unha nova edición do Proxecto EnClave de cara a este curso 2024/2025, un programa que naceu no 2021 co obxectivo de previr o acoso escolar e promover o benestar emocional e a saúde mental nos centros de ensino do municipio. O programa foi presentado polo alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, que non dudaron en manifestar a súa importancia.
Trátase dun proxecto innovador, que non se desenvolve en ningún outro municipio, no que o Concello inviste 60.000 euros anuais e que fai especial fincapé na saúde mental e emocional dos rapaces e rapazas dos CEIP e IES.
Nesta edición, EnClave constará de sete programas distintos que se van levar a cabo tanto nos colexios de Educación Primario como nos institutos: o programa de Prevención do Acoso Escolar, o programa Detención Temperá da Dislexia, o programa Xogo Dramático, o programa Hixiene Bucodental, o programa de Avaliación Optométrica e Visual e o programa de Saúde Mental, no que se centra especialmente o Proxecto EnClave 2024/2025.
- Lunes de borrasca y lluvias intensas en Galicia... pero con el anticiclón en el horizonte
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- Aviso a los conductores: una calle del centro de Santiago permanecerá cortada al tráfico durante 24 horas
- Conflicto de buses en Santiago: 'Se non hai avances poderiamos levar a asamblea a reactivación da folga
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Muere el prestigioso abogado José Manuel Roibás, asesor jurídico en numerosos concellos
- Adiós a las marquesinas torcidas de O Milladoiro: reponen las estructuras ya adaptadas a la pendiente de la calle
