Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A asociación AMABUL ofrece na Pobra unha charla-obradoiro sobre os beneficios da compostaxe comunitaria

A actividade terá lugar este venres 18 de outubro, ás 18.00 horas, no Coworking situado na planta baixa da Casa da Mocidade

Unha das illas de compostaxe no concello de A Pobro

Unha das illas de compostaxe no concello de A Pobro / Concello da Pobra

Anxo Bentrón

Anxo Bentrón

A Pobra

Este venres 18 de outubro, ás 18.00 horas, no Coworking situado na planta baixa da Casa da Mocidade da Pobra, a asociación AMABUL ofrecerá unha charla-obradoiro sobre os beneficios e o correcto uso da compostaxe comunitaria.

O concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, manifestou que con esta acción buscan "seguir avanzando no compromiso desta Administración local para concienci-la cidadanía na importancia da separación na orixe". "Apostamos por implantar progresivamente a compostaxe como un novo modelo. Por iso, puxemos en marcha varias campañas de compostaxe doméstica, que se traduciu co repartimento de máis de 200 colectores individuais e reforzouse coa compostaxe comunitaria, a cal conta actualmente con catro illas na nosa localidade", engadiu. O concelleiro conluíu lembrando que o obxectivo desta actividade é "informar e formar sobre os beneficios da compostaxe para o medio ambiente e o correcto uso por parte da veciñanza".

A actividade está especialmente centrada para os residentes da área de influencia da illa de compostaxe do Lagar, a máis recente, que se puxo en marcha durante o verán do pasado ano. As outras tres illas no Concello están situadas na zona do Castelo, de Venecia e do Caramiñal.

Ademais de informar sobre os beneficios e o correcto uso da compostaxe comunitaria, durante a xornada se ofrecerá tamén información sobre a nova lei de residuos e a separación selectiva da fracción orgánica.

Tracking Pixel Contents