O Concello de Padrón pecha en Riga o proxecto europeo 'Reforzando a identidade europea en tempos de crise'
No encontro participaron 63 persoas de 16 países de Europa para debater sobre os principais desafíos do continente

Participantes no encontro do proxecto europeo celebrado en Riga / Concello de Padrón

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, participou durante o pasado mes de setembro no quinto e último encontro do proxecto europeo 'Reforzando a identidade europea en tempos de crise', que se celebrou en Riga, Letonia. O proxecto reuniu a 63 participantes de 16 países europeos para debater sobre os principais desafíos europeos, o papel do liderado feminino e o compromiso democrático.

Imaxe do encontro celebrado en Riga / Concello de Padrón
Xunto ao rexedor padronés, no encontro tamén estiveron presentes a concelleira Laura Horta e o técnico de Turismo Alberto Rey. Esta iniciativa, que conta cun financiamento de 145.000 euros, é o primeiro proxecto aprobado pola UE a un concello galego dentro do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores da Rede de Cidades da UE. O obxectivo é fomentar a cooperación intermunicipal e fortalecer os valores europeos comúns, promovendo o coñecemento dos dereitos da cidadanía europea e a boa gobernanza local.
Durante o seu discurso, o alcalde de Padrón destacou a relevancia de reforzar os valores europeos nun contexto global de incertezas. "Nun mundo marcado por desafíos, o noso compromiso cos valores de solidariedade, democracia e dereitos humanos faise máis crucial que nunca", sinalou.

Imaxe do encontro celebrado en Riga / Concello de Padrón
O encontro congregou a empresarios, líderes políticos e representantes da sociedade civil que discutiron temas chave como o emprendemento, a igualdade de xénero e a participación cidadá. Neste sentido, Arca salientou a necesidade de empoderar ás mulleres europeas, poñendo en valor o talento e a valentía amosados polas emprendedoras presentes. Ademais, tamén fixo un chamamento á necesaria cooperación entre a mocidade, artistas, empresarios e estudantes europeos, que serán os encargados de liderar a visión dunha Europa unida, pacífica e próspera.
A realización deste proxecto deixa as portas abertas a futuras colaboracións entre municipios europeos, establecendo unha base sólida para o diálogo e a cooperación a nivel local e internacional.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre