Día Internacional da Muller Rural
«Eu á muller do rural doulle toda a importancia do mundo; meréceo»
«Unha muller está capacitada para facer o mesmo ca un home», lembra Josefina Fraga ao respecto das capacidades da muller.

Participantes na asamblea anual de mulleres rurais de Val do Dubra o pasado mes de abril / CEDIDA

O 15 de outubro non é un día calquera, é un día no que lembrar, no que celebrar e no que agradecer ás mulleres do rural, un colectivo en numerosas ocasións esquecido por gran parte da sociedade, a pesar de representar a un cuarto da poboación mundial.
Por iso hoxe, no Día Internacional da Muller no Rural, cobra especial relevancia a achega feminina neste ámbito, porque se trata, como non pode ser menos, dunha xornada na que se enxalzan os labores desta parte da poboación
Unha das agrupacións que loita por este obxectivo necesario é a Asociación de Mulleres Rurais de Val do Dubra, e tal e como indica a súa presidente, Josefina Fraga, a celebración deste día cada 15 de outubro «ten unha importancia grandísima» para lembrar «algo moitas veces esquecido», como é o papel que xoga a muller no rural.
Un recoñecemento necesario
«É moi necesario que a muller teña este recoñecemento, e sobre todo que non se deixe de loitar por el», engade, especialmente no caso das mulleres do rural que «se dedican a todo, teñen que facer de todo porque non lles queda outra».
E é que aínda que xa houbo numerosos avances nos últimos anos respecto á igualdade, aínda hai cousas que mellorar. «Eu penso que aínda queda bastante por facer», asegura, malia recoñecer que «si que é certo que xa se avanzou bastante e iso é un gran paso». Para a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Val do Dubra o relevante é mirar ademais ao futuro, porque a pesar dos avances, o principal é que se sigan sucedendo no tempo: «As cousas estanse traballando bastante ben, pero hai que seguir así, non se pode parar ata acadar esa igualdade máxima pola que se loita», afirma.

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL
LE AQUI O ESPECIAL EN PDF POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL«Unha muller está capacitada para facer o mesmo ca un home, xa sexa conducir un camión ou un tractor, poden facer o mismo», lembra Josefina Fraga ao respecto das capacidades da muller. «Eu á muller do rural doulle toda a importancia do mundo porque non pode ser doutra forma, é o que merece por todo o esforzo e por todo o que fai», conclúe.
Con todo, no día de hoxe gran parte da axenda das institucións, organizacións, asociacións ou mesmo concellos xira ao redor dun gran eixe central: a importancia e o recoñecemento do labor e do gran papel que desenvolve a muller no rural.
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- Defienden que se dé continuidad al alquiler de las casetas en el histórico proyecto hostelero de O Cotón
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza